A cascada do Ézaro

Cascada do Ézaro

Un corto pero agradable paseo polo litoral do municipio de Dumbría, na parroquia do Ézaro. Comezamos nun pequeno porto situado no extremo occidental do arenal, seguindo polo seu paseo ata o inicio da ponte que cruza o río Xallas. Aquí seguiremos río arriba pola preciosa enseada na que veremos diversas chalanas e outras embarcacións. Na outra orilla sobreasae a maxestuosidade granítica das estribacións dos montes do Pindo, o chamado Olimpo celta de Galicia. Enseguida chegamos a central eléctrica do Ézaro onde unha pasarela de madeira acércanos ata unha das cascadas máis espectaculares de Galicia: o río Xallas caendo directamente no mar.


Mirador do Ézaro

Ademáis da propia cascada, podes alquilar un tour en kayak, xa que merece a pena acercarse ao mirador de Ézaro para desfrutar dunhas vistas fabulosas deste pobo, da desembocadura do río Xallas e das ladeiras do Monte O Pindo.




Comentarios

Publicar un comentario